Dentro do proxecto C Lab para Polos creativos, enmarcado nunha metodoloxía de aprendizaxe baseada en retos, unha das propostas iniciais foi o Reto 0, un traballo matemático artístico para aproveitar as embalaxes de cartón procedentes do mobiliario e das ferramentas do Polo.
Presentouselles ao alumnado o cartón e unha peza para facer esculturas a grande escala, ademais de diversos instrumentos artísticos para as creacións.
ÁREAS INTEGRADAS QUE TRABALLA:
Mathematics
Science
Arts
Coexistence
CURSOS AOS QUE VAI DIRIXIDA A PROPOSTA: totalmente voluntaria. Realización para Primaria, montaxe para Primaria e Infantil.
Conforme fumos abrindo as caixas co material, fixéronse unhas pilas de cartóns nos corredoiros, e se vos facilitou un modelo para facer formas xeométricas. Marcáronse os cartóns e recurtáronse.
Algúns cursos decidiron pintar de cores os cartóns para darlle un toque estético.
Esta tarefa desenvolveuse en momentos libres ou na área de plástica. Traballáronse os ODS 13 e 14, e tamén aspectos coma a xeometría, os poliedros, o impacto medioambiental e a reutilización, o consumo e os envases, e a escultura.
Na parte da convivencia, traballamos a creación de espazos comúns con sentido estético.
MODELO EMPREGADO:
O reto foi divuldago a través das redes sociais do centro.
Comments