Seguimos cos nosos retos no proxecto C Lab, laboratorio interdisciplinar para mellorar a convivencia no centro.
Unha das máximas do proxecto C Lab é dotar ao alumnado do coñecemento de diferentes códigos que o acheguen dun xeito motivante á programación. No caso da ferramenta de impresión en 3D, empregamos o código Braille para iniciarnos no mundo das tres dimensións. Deste xeito imprimimos algúns textos en código Braille que deseñamos a través de Tinkercad.
Aproveitamos a impresión por primeira vez na impresora 3D de Polos Creativos para imprimir algo moi especial.
Este foi o resultado:
Hai que dicir, para non romantizar, que o primeiro intento foi fallido por desaxustes no programa Tinkercad, ferramenta empregada para o deseño. O texto arriba escrito é o nome do noso proxecto: C Lab.
Aproveitamos para sacar dramatismo ó feito de que ás veces a tecnoloxía non esté da nosa parte...
En aberto, o deseño en Tinkercad por se servira de inspiración:
A continuación probamos con outros deseños:
Código do Tinkercad:
Comments