Esta actividade tivo coma reto a búsqueda dun benestar ambiental nas aulas do noso centro escolar. Estaba prantexado coma un reto para o vindeiro curso, pero decidimos que era un bo momento para levalo a cabo.
Tivemos a ben un consenso de elección de dúas accións a levar a cabo:
· Reducir a contaminación acústica das aulas.
· Controlar a temperatura das aulas para ventilar ou ben beber líquidos fronte a deshidratación.
Así comeza o Reto II.
ÁREAS INTEGRADAS QUE TRABALLA:
Science
Technology
Coexistence
Maths
CURSOS AOS QUE VAI DIRIXIDA A PROPOSTA: como un dos retos que se establecían no proxecto inicial, participou todo o centro, Educación Infantil e Primaria.
Con estas liñas de traballo (contaminación acústica e temperatura), decidimos facer unha colleita de pelotas de tenis e pádel na nosa comunidade educativa, solicitando a todos e todas, aqueles e aquelas, que nas súas casas ou ben en centros deportivos foran a desfacerse delas, as trouxeran ao centro. Deste xeito traballamos o consumo responsable, o reciclado e reaproveitamento de recursos e colaboramos con centros deportivos da contorna:
· Outros
Ademais, tomamos a decisión de facer unha medición diaria da temperatura en dous tramos diferenciados, á primeira hora e despois do recreo para facer unha medida constante e analizar posibles subidas de temperatura, reflexionando sobre a influencia desta no desenvolvemento académico.
Neste marco do proxecto actuamos desde unha perspectiva de traballo dos ODS 3 (saúde e benestar), 12 (producción e consumo responsables) e 13 (acción polo clima). Ademáis doutros subxacentes coma o 4 (educación de calidade) que entendemos está presente en si.
Metodoloxía:
Despois de solicitar ás familias do alumnado que nos facilitaran as pelotas de tenis e pádel, creamos un código coa placa Microbit para ter un contador e darlle motivación ao alumnado. A aula de 5º de Primaria encargouse da búsqueda e de crear o código para o proxecto:
input.onButtonPressed(Button.A, function () { contador += 1 basic.showNumber(contador) }) input.onButtonPressed(Button.B, function () { contador += -1 basic.showNumber(contador) }) let contador = 0 contador = 0 basic.showNumber(contador)
Cada neno ou nena que traía unha pelota, dáballe despois ao contador situado na zona de reflexión. Ademais, na pantalla táctil iamos poñendo letreiros coas pelotas alcanzadas e tamén un contador dixital online.
Cando o alumnado foi traendo as pelotas, a maior parte delas conseguidas coa colaboración con locais deportivos da contorna; observamos que as pelotas de pádel eran moito máis difíciles de cortar que as de tenis, polo que recurrimos ao banco de traballo e ao taladro para facerlles o burato.
Tamén contamos coa xuda das familias, organizando unha xornada de convivencia pola tarde para que nos axudaran nesta empresa.
A continuación, colocamos as pelotas de tenis nas cadeiras.
Pola tipoloxíado noso centro, de recente creación, é moi habitual (especialmente nestas datas) que teñamos un ambiente moi cargado con temperaturas moi elevadas que veñen polo deseño modernista con amplas cristalerías.
Creouse tamén un deseño de código coas placas Microbit que mide a temperatura das aulas e achega diferentes emoticonos segundo a temperatura medida.
input.onButtonPressed(Button.A, function () { basic.showNumber(input.temperature()) while (input.temperature() > 28) { basic.showNumber(input.temperature()) basic.showIcon(IconNames.Angry) } while (input.temperature() > 20) { basic.showNumber(input.temperature()) basic.showIcon(IconNames.Happy) } while (input.temperature() == 17) { basic.showNumber(input.temperature()) basic.showIcon(IconNames.Asleep) } while (input.temperature() == 18) { basic.showNumber(input.temperature()) basic.showIcon(IconNames.Asleep) } while (input.temperature() == 19) { basic.showNumber(input.temperature()) basic.showIcon(IconNames.Asleep) } basic.showNumber(input.temperature()) while (input.temperature() < 17) { basic.showNumber(input.temperature()) basic.showIcon(IconNames.Sad) } }) input.onButtonPressed(Button.B, function () { while (true) { basic.clearScreen() } })
Achegáronse placas Microbit por todas as aulas (unha por nivel) e leváronse a cabo diferentes medicións, para cubrir unha gráfica de observación científica da temperatura das aulas que continuará nos meses de calor.
Deste xeito reflexionouse sobre cuestións coma o quecemento global e o aumento do efecto invernadoiro.
A experiencia quedou recollida no Capítulo 5 do podcast C Lab, onde tamén se fixo unha chamada á acción para a recollida de pelotas usdadas.
Tamén se gravaron vídeos coa técnica de stop motion coas diferentes pelotas para realizar a intro do vídeo deste proxecto, déronse clases coa metodoloxía ABN coas pelotas recollidas e un grande etc de actividades que xurdiron deste reto II, que concluirá cunha autoavaliación a través da plataforma mentimeter, e que se transmitirá en directo no Escenario de reflexión para quen quera pasarse.
コメント