top of page
Foto del escritorCOLEGIO MMALONSO

Reto 1: Estudio sobre a melanina

Nas recentes semanas vimos de traballar moi duro nun proceso de investigación científica e filosófica para axudar ao alumnado a erradicar prexuizos de raza, así coma para concienciar sobre a súa saúde, en torno ao concepto da melanina. Deste xeito traballamos os ODS 10, 15 e 16.

ÁREAS INTEGRADAS QUE TRABALLA:


  • Science

  • Technology

  • Coexistence

  • Arts


CURSOS AOS QUE VAI DIRIXIDA A PROPOSTA: como un dos retos que se establecían no proxecto inicial, participou todo o centro, Educación Infantil e Primaria.


Comezamos cunha actividade introductoria a través dos robots TRUE TRUE, que presentaban a palabra clave para traballar a través dun percorrido. Deste xeito o alumnado familiarizábase co seu emprego.

Deixamos a plantilla empregada de elaboración propia en aberto.


A continuación tivemos no expositorio de reflexión varias chamadas á acción para investigar sobre diferentes aspectos. O stand contiña:

  • Fotografías de persoas con diferentes tonos e cores de pel

  • Fotografías de persoas con vitiligo

  • Fotografías de persoas albinas

  • Fotografías de persoas con canas de diferentes idades.

  • Productos de protección solar

  • Etc.


Fomentouse así a libre reflexión sobre o concepto para que o alumnado investigara nas súas aulas. Tamén deixamos conectado un microscopio USB á pantalla táctil que amosaba aumentados algúns cabelos.



O noso director e docente de ciencias, Gaspar Torres, deu varios talleres sobre a parte científica da melanina, tratando contidos coma o mesmo significado da palabra, cales os diferentes fototipos da pel, cales son as manifestacións da melanina no noso corpo, etc.



A nosa invitada Dámaris Ruíz, bailarina profesional no musical "El rey León", puxo a parte humanística e deu unha charla inspiradora sobre as dificultades que tivo no mundo da danza pola súa cor de pel.




Por último, confeccionamos o mapa da pel. Sacando unha fotografía aumentada co microscopio USB, estudamos as cores e formas da nosa pel, descubrindo as similitudes e as diferencias. Visualizamos os lunares, a tinta do boli, as tatuaxes, as feridas, as unllas, os cabelos, as cicatrices, etc. Neste caso empregamos tanto a pantalla táctil como as tablets. Nun futuro próximo elaboraremos un cadro no que estén representadas todas estas fotografías, pertencentes a todos e cada un, a todas e cada unha das persoas integrantes do centro educativo.



Para avaliar as aprendizaxes adquiridas, propúxose ao alumnado que escribira a través da plataforma Mentimeter que foi o que aprendeu con esta actividade.



Deixamos a continuación os resultados no mentimeter, no que partciparon 98 persoas, o cal tendo en conta que algunhas aulas o fixeron de modo grupal, foi todo un éxito!

Por último resaltar que esta será a nosa metodoloxía para Polos Creativos. Arte e ciencia unidos desde un punto de vista filosófico e de apoio ao benestar socio afectivo e á mellora da convivencia no centro escolar.







58 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page